DÍA DO LIBRO
Xa sabemos que pasou un tempiño dende a celebración do Día do Libro, pois foi o 23 de abril. Mais nunca é tarde para ver as actividades que se fan no cole. Ese día visitounos un contacontos que veu a contarnos as súas historias acompañadas de música. Neste video podemos ver un anaco da súa actuación ademáis dunhas fotos.
Nesa semana os alumnos e alumnas dos curso máis altos contaron contos ós nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º empregando para elo a pantalla onde se podía ver as ilustracións dos contos.
Os nenos de 6º e de 2º de Primaria escribiron uns contos
Ese día tamén se entregaron uns premios os mellores lectores e lectoras do noso cole.
Este ano tivemos un concurso de carteis animando á lectura. Estes nenos e nenas son os gañadores.
















Meneame
del.icio.us

Felicidades polo traballo que estades realizando no colexio, tanto para o alumnado como para as mestras e mestres.
Deséxovos un bo fin de curso para todos e aos meus antigos alumnos darlle un saúdo e que sigan traballando moito nos anos vindeiros.
Como vedes sigo abrindo o voso blog.
Moitos saúdos
MARIA (profe de 5º do ano pasado) | 05-06-2009 - 22:41:05 GMT 2 #