Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

CEIPCORON

21/01/2009 GMT 1

O NADAL

coron @ 22:24

2.JPG

Xa pasou o tempo do Nadal, de luces, de adornos, de compras e xuntanzas, de esperar os agasallos; pero no noso blog non podían faltar as celebracións que tivemos no cole nos días previos as vacacións.

Os nenos e nenas do CEIP San Roque e sobre todo os de Infantil estábamos nerviosos e ledos esperando as visitas dos Reis Magos o xoves 18 e de Papá Noel o venres 19 de decembro.
1.JPG

Como xa dixemos, este ano tivemos a gran sorte de que Papa Noel e os Reis Magos tiveron tempo para visitar o noso cole.

Dende aquí queremos dar as gracias á ANPA polo seu traballo e dedicación para que estes días fosen inesquecible para os nosos alumnos e alumnas.

  

                                           


Nestas fotos podemos ver ós Reis Magos, ás distintas clases cantando as súas panxoliñas, os Reis recollendo as cartas coas peticións dos nenos e nenas. Tamén podemos ver unha mostra da merendola que a ANPA preparou para todos: churros, palomitas, bocadillos, chocolate quente, zumes, auga e como atracción principal as colchonetas. Tamén está o Papá Noel e as gracias co presidente da ANPA deulle á mestra de música e por último os nenos e nenas disfrutando dos regalos.

Comentarios

Un Comentario »

  1. Quería dar as grazas á profe María Rosa pola visitiña.
    Un saúdo

    Belén | 23-01-2009 - 16:26:07 GMT 1 #

Dejar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis