1º de maio: DIA DO TRABALLAD@R
No 1º de maio, os galegos celebramos dous acontecementos:O día internacional do traballad@r e a festa dos maios.
O DIA INTERNACIONAL DO TRABALLO, é para lembrar aqueles traballadores que no ano 1.886 reivindicaron a xornada de traballo de 8 horas en Chicago (EE.UU.)e que moitos foron axusticiados e condenados a morte.Hoxe contamos con esa xornada laboral gracias as loitas e folgas de miles de traballadores a nivel mundial.
A FESTA DOS MAIOS, é un ritual que celebramos na Galiza coa finalidade de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, pois nunha economía agrícola ,coma a que tiñamos antigamente, a chegada do bo tempo era fundamental para o traballo do campo.
No colexio fixemos un maio de estilo cónico.Participaron os pais/nais, xa que enviaron polos nen@s: fiuncho, pampullos, cartuchos,camelias,... e na súa construcción participaron os nenos e nenas de 6º de primaria. Aí van as fotos do seu traballo:



Meneame
del.icio.us

OS DE 6º FIXESTES UN BO TRABALLO.QUEDOUBOS MOI BEN
ELENA | 29-04-2008 - 16:51:44 GMT 1 #
Este maio está moi ben pero o do ano que ben vai estar moito mellor............verdade Mª Carmen?
María | 03-05-2008 - 23:08:19 GMT 1 #