"CASTING" NO COLE
A PRODUTORA DE TELEVISIÓN CTV,S.A. REALIZOU HOXE, 7 DE MAIO, UNHA SELECCIÓN OU CASTING NO NOSO CENTRO AOS NEN@S PARA O PROGRAMA INFANTIL DA TVG, "O PAÍS DOS ANANOS", QUE SE EMITE OS DOMINGOS POLO SERÁN.
A PRODUTORA DE TELEVISIÓN CTV,S.A. REALIZOU HOXE, 7 DE MAIO, UNHA SELECCIÓN OU CASTING NO NOSO CENTRO AOS NEN@S PARA O PROGRAMA INFANTIL DA TVG, "O PAÍS DOS ANANOS", QUE SE EMITE OS DOMINGOS POLO SERÁN.

PONTE DE MAIO
COMENZO: DÍA 1 DE MAIO
FIN: DÍA 4 DE MAIO
(2 DE MAIO: DÍA DO ENSINO)
No 1º de maio, os galegos celebramos dous acontecementos:O día internacional do traballad@r e a festa dos maios.
O DIA INTERNACIONAL DO TRABALLO, é para lembrar aqueles traballadores que no ano 1.886 reivindicaron a xornada de traballo de 8 horas en Chicago (EE.UU.)e que moitos foron axusticiados e condenados a morte.Hoxe contamos con esa xornada laboral gracias as loitas e folgas de miles de traballadores a nivel mundial.
A FESTA DOS MAIOS, é un ritual que celebramos na Galiza coa finalidade de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, pois nunha economía agrícola ,coma a que tiñamos antigamente, a chegada do bo tempo era fundamental para o traballo do campo.
No colexio fixemos un maio de estilo cónico.Participaron os pais/nais, xa que enviaron polos nen@s: fiuncho, pampullos, cartuchos,camelias,... e na súa construcción participaron os nenos e nenas de 6º de primaria. Aí van as fotos do seu traballo:
O pasado mércores, os nenos e nenas do "cole" fomos ver a obra PIM,PAM,PUM, que o grupo de teatro CARACOL de Cambados,escenificou no instituto Asorey da mesma localidade. O local estaba cheo ata os topes, non había asentos para todos e os profes tiveron que sentarse no piso ou estar de pé.Unha vez máis, os nen@s pasámolo moi ben.
NON SABEMOS SI TODOS TROUXERON A AUTORIZACIÓN FIRMADA PARA SAIR NA FOTO, PERO DEBIDO Á CRISE, NON HAI CARTOS NIN PARA O MARCO

Made with free image tools @ TXT2PIC.com
O 23 de abril, celébrase a nivel mundial o "DIA DO LIBRO" ou "DIA INTERNACIONAL DO LIBRO".Coa celebración desta festa declarada pola UNESCO desde o ano 1995, quérese fomentar a lectura e a defensa dos dereitos de autor.
No noso colexio, celebramos este día realizando diferentes actividades ao longo da semana:
*Comenzamos facendo un marcapáxinas, tanto nenos/as coma mestr@s
*Exposición dos traballos e do mural realizado.
*Os nen@s de 5º e 6º contátonlle contos aos de infantil e primeiro ciclo de primaria,ao mesmo tempo que se proxectaban imaxes de ditos contos : "O lobo feroz", "Sal e azucre", "Mister corvo".
*Gravación dunha poesía por parte dos nenos de 5 anos.
*O mestre Xabier contoulles o conto da "Cebra Camila"
*Guiñol feito polo terceiro ciclo para infantil.
*Proxección do conto que nos contaron na visita ao Salón do Libro
Unha mostra gráfica desta efeméride é a seguinte:
Os nenos/as do terceiro ciclo montaron esta visión do cole que non deixa de ser un escaparate para auqel@s que non coñezan as nosas instalacións. Pensamos que o fixeron superben.
VEDE e escoitade este video coa voz de Joan Manuel Serrat cantando "PADRE,ESTAN MATANDO A TERRA".Se queredes ver a tradución ao castelán, premede no medú e clicar no videoclip de Joan Manuel.
O horto aromático que están preparando as profes do cole xa entrou nunha segunda fase coa preparación dos sementeiros onde botan as sementes para logo transplantalas. Vede, vede...
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
Como moi ben sabedes, a Torre de Hércules (antigo faro romano) situada en A Coruña, foi presentada como candidata á lista de Patrimonio Mundial da Unesco.É unha das 45 candidatas de todo o mundo que aspira a ser Patrimonio da Humanidade e no verán do 2009 será cando se coñeza o nome das seleccionadas polo Comité do Patrimonio Munidal.Moita sorte para a nosa candidata.