Por fin puidemos realizar a excursión que tiñamos proxectada dende que comezamos a unidade da "primavera". Pero esta primavera veu con moita auga e non puidemos saír.
Ben, o pasado 27 de maio veu o autobús a buscarnos e fomos ao viveiro " O Barreiro" na parroquia de Lois (Ribadumia). Alí déronnos moitas explicacións sobre as plantas con flor, sen flor, carnívoras, árbores froiteiras, de sombra... Que grande é aquilo!. E que bonita é a flor que nos regalaron! . Temos que coidala para que medre e teña moitas flores.
Despois fomos a merendar á carballeira de Ribadumia e alí ao lado visitamos os muíños de Batán.
09/06/2008 GMT 1
03/06/2008 GMT 1
UN DÍA DE FLORES
30/05/2008 GMT 1
SEMENTAR,SEMENTAREI...
Como xa sabedes no cole estamos a cultivar un pequeno horto de plantas aromáticas. Á clase de 3 e 4 anos tocounos sementar "HIERBABUENA".Nas clases aprendemos que as plantas necesitan: terra, auga e sol para crecer.Un día a mestra trouxonos un sementeiro pequeno, a semente e terra e nós preparamos todo. Botamos terra no sementeiro, a mestra axudounos a botar a semente porque era moi pequeniña, regamos e puxemos o viveiro ó lado da ventá.Fomos regando e pouco a pouco vimos como da terra nacían unhas plantas pequeniñas. Agora xa están un pouco máis altas e pronto iremos ó horto a trasplantalas.
27/05/2008 GMT 1
NOS PLATÓS DA TELEVISIÓN
OS NENOS E NENAS DE 2º E 3º CICLO VISITARON, O PASADO DÍA 19, O PLATÓ 1000 DA TVG. EN MONTOUTO (TEO-SANTIAGO) PARA VER UNHA GRAVACIÓN DUN DOS CAPÍTULOS DO PROGRAMA "O PAÍS DOS ANANOS" . NESTA GRAVACIÓN PARTICIPOU, TUCHO (O DOS TONECHOS), QUE FALOU COS NOSOS NENOS E NENAS E TOD@S ALUCINARON.
PERO HOXE,TEMOS QUE VOLTAR OUTRA VEZ AO PLATÓ, XA QUE POR UN ERRO DA ORGANIZACIÓN, FOMOS O DÍA QUE NON NOS CORRESPONDÍA.O QUE NON QUERE CALDO, DÚAS TAZAS,JA,JA,JA...
26/05/2008 GMT 1
OS COGOMELOS NO SALNÉS
ESTA PRESENTACIÓN EN POWERPOINT FOI UN TRABALLO QUE FIXEMOS NO NOSO COLE, PERO COMO NON TIÑAMOS BITÁCORA NON SE PUBLICOU NO SEU DÍA. HOXE APROVEITAMOS E DÁMOSLLE PUBLICIDADE PARA QUE SE COÑEZA.
IDE CLICANDO PARA IR VÉNDOA.
19/05/2008 GMT 1
VISITA AO CARREIRÓN
Por participar no programna de Radio Voz, "O ECOPREGUNTOIRO" tivemos que facer un estudo dunha zona que tivera un valor ecolóxico. Que mellor que o Carreirón, espazo protexido polo Convenio de RAMSAR de zonas húmidas.
A visita fixémola cos alumn@s do terceiro ciclo de primaria(5º e 6ª)e fíxose unha guía ou traballiño que se lle entregou á radio.Aí vai algo do que vimos e plasmamos nesa pequena guía do Carreirón:
16/05/2008 GMT 1
O CURRUCHO DOS DE INFANTIL
O noso agradecemento ao Concello de Vilanova e a ANPA polos novos columpios e xoguetes para os de infantil.Desde o momento que se solicitaron veuse por parte do concello interese en que este recuncho, onde xogan os nenos e nenas de infantil, contase con novo material para facer máis felices aos cativos.
14/05/2008 GMT 1
SAN ISIDRO
Mañá, 15 de maio, celébrase en Corón a festa de San Isidro, polo que non haberá clase xa que é un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar.
A Dirección
08/05/2008 GMT 1
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O ESCRITOR HOMENAXEADO:
PARTE DA SÚA OBRA:
O escritor homenaxeado este ano é XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. No cole eleximos o seu libro "Roseira do teu mencer"(dedicado a súa filla Colorín)para traballar diferentes poemas.Cada clase eleborará un cartel relacionado co poema elexido e cos diferentes carteis faremos unha exposición.Os nen@s serán gravados recitando os poemas, que posteriormente proxectaremos.
Outras actividades relacionadas co Día das Nosas Letras ,serán: un recital poético-musical, concurso de carteis en COREL anunciadores do DÍA DAS LETRAS(feitos pol@s de 6º),proxección power-point de fotografías do autor, actividades relacionadas coa vida e obra do autor homenaxeado e un percorrido pola exposición.
Se queres ver máis fotos do seu álbum fotográfico, clica aquí e se queres ver actividades para facer estes días, visita a páxina do seminariogalán
07/05/2008 GMT 1
HORARIOS 2007-2008
A DIRECCIÓN DO CENTRO INFORMA A PAIS/NAIS DOS HORARIOS DO CURSO 2007/2008:
HORARIO LECTIVO NORMAL: de 9:35 a 14:35 horas
PLAN MADRUGA: de 8:35 a 9:35 horas
PLAN PROA: martes e xoves de 16:30 a 18:30 horas
VISITAS PAIS/NAIS: martes de 16:30 a 17:30 horas


Meneame
del.icio.us















