Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

CEIPCORON

04/03/2009 GMT 1

MATRÍCULA

coron @ 20:15

                                                                

                                    ESTÁ ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA

                                            PARA O CURSO 2009-2010

                 tndonald-estudiando.png                      DENDE O DÍA 1 ATA O 31 DE MARZO

OS IMPRESOS PODEN RECOLLERSE

NA SECRETARÍA DO CENTRO 

28/01/2009 GMT 1

QUEREMOS PAZ

coron @ 22:31

dove_with_olive_branch_md_wht.gifO vindeiro venres 30 de xaneiro é o "Día da Paz", aínda que o día da paz non se debería celebrar pois tiña que ser tódolos días do ano.

 

peacgrx_animado.gifOs nenos e nenas de Corón escoitamos a canción de JUANES "It's time to change el odio por amor" e parécenos unha canción moi apropiada para ese día.

Aquí está para que todos poidamos disfrutar con esta melodía e reflexionar sobre a súa letra.

Os nenos e nenas de 1º escribiron un poema para celebrar este día:

A Paz é moi boa.

A Paz é unha paloma.

Non pelexes coa nai,

Non pelexes o día da Paz.

Tódolos días do ano

Debemos axudarnos.

COAS MANS NA MASA

coron @ 01:13

No mes de novembro visitou o noso cole o "maitre" do Parador de Cambados.

Veu a explicarnos como se coloca unha mesa, como se fan as "tortitas americanas" (que tanto vemos nos almorzos das  películas americanas), como se elaboran unhas galletas e tamén amasamos para facer uns boliños de pan e Antonio tamén nos preparou uns zumes naturais.

Pero antes de asistir tivemos que poñer uns gorros de cociñeiros e uns mandís.

Create a Free Slideshow

Create a Free Slideshow

21/01/2009 GMT 1

O NADAL

coron @ 22:24

2.JPG

Xa pasou o tempo do Nadal, de luces, de adornos, de compras e xuntanzas, de esperar os agasallos; pero no noso blog non podían faltar as celebracións que tivemos no cole nos días previos as vacacións.

Os nenos e nenas do CEIP San Roque e sobre todo os de Infantil estábamos nerviosos e ledos esperando as visitas dos Reis Magos o xoves 18 e de Papá Noel o venres 19 de decembro.
1.JPG

Como xa dixemos, este ano tivemos a gran sorte de que Papa Noel e os Reis Magos tiveron tempo para visitar o noso cole.

Dende aquí queremos dar as gracias á ANPA polo seu traballo e dedicación para que estes días fosen inesquecible para os nosos alumnos e alumnas.

  

                                           


Nestas fotos podemos ver ós Reis Magos, ás distintas clases cantando as súas panxoliñas, os Reis recollendo as cartas coas peticións dos nenos e nenas. Tamén podemos ver unha mostra da merendola que a ANPA preparou para todos: churros, palomitas, bocadillos, chocolate quente, zumes, auga e como atracción principal as colchonetas. Tamén está o Papá Noel e as gracias co presidente da ANPA deulle á mestra de música e por último os nenos e nenas disfrutando dos regalos.

16/12/2008 GMT 1

BO NADAL

coron @ 22:41

09/12/2008 GMT 1

FESTIVAL DE NADAL

coron @ 21:54

                                               BOAS FESTAS

                                     FESTIVAL DE NADAL 2008

O xoves 18 celebraremos o Nadal cunha gran festa no Pavillón Escolar.

Teremos panxoliñas que cantarán os nenos e as nenas.

Haberá chocolate con churros para repoñer forzas.

Visitarannos os Reis Magos de Oriente, que recollerán as cartas dos nenos.

E o punto forte da festa..... hinchables para tódolos nenos e nenas.

O venres estará con nós Papá Noel.

O Claustro do C.E.I.P. de San Roque quere agradecer á ANPA a súa colaboración para poder celebrar esta gran festa.

Queremos tamén desexar un BO NADAL a toda a comunidade educativa.

04/12/2008 GMT 1

ATENCIÓN!

coron @ 10:35

amonitor.gifPARA TER UNHA ÓPTIMA VISIÓN DOS CONTIDOS DO BLOG A RESOLUCIÓN DA PANTALLA DEBE SER: "1024 X 768" OU          "1152 X 864".

02/12/2008 GMT 1

CALENDARIO DECEMBRO

coron @ 13:26

tgc_navidad_183.gif

Xa estamos no mes do Nadal.

    Hoxe faltan 23 días para

que     Papá Noel visite as

casas dos    nenos e nenas e

45 días para a chegada dos

Reis.  

pc020015.JPG

O MAGOSTO'08

coron @ 01:21

dibujo-1.jpg

barneythetreeleavesfallxe9.gif

Este ano 2008 puidemos celebrar o Magosto o propio día de San Martiño pois coincidía en martes.Tivemos moita sorte porque a noite anterior choveu con moitas ganas, pero o sol quiso acompañarnos para que a festa resultase ben.

O máis importante desta tradición son as castañas e o rito de asalas, labor feita polos nenos e nenas maiores gracias a colaboración de todos que nos mandaron castañas e leña.

Mentras o lume ía cociñando as castañas participamos en xogos populares.

Click to play O MAGOSTO'08
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a Smilebox slideshow

26/11/2008 GMT 1

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 08

coron @ 15:36

dibujo.jpg  Nas votacións celebradas o día 25 de novembro, cunha participación dun 24,4% do censo, saíron os seguintes resultados:

           ELECTORES                                              VOTOS

Inés Grande Rodríguez                                            28

Antonio González Vidal                                            26

Mª Teresa Otero Dios                                              12

Mª Teresa Mouta Nogueira                                      10

Carmen Meixús Fernández                                        4

Mª Rosa Rodríguez Lago                                           2

Os representantes do sector pais serán 5: os 3 máis votados e

Javier Fajardo Mariño, como representante da ANPA

Mª Sinforosa Santos Oubiña, elixida na renovación parcial anterior

Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis