Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

CEIPCORON

04/05/2009 GMT 2

1º DE MAIO

coron @ 14:12

22.jpg 

Un ano máis co motivo da celebración do 1º de maio os alumnos e alumnas máis maiores do cole colaboran cas mestras para elaborar un maio. Este ano foi un maio artístico e representa algo moi típico da nosa zona: un polbo.Gracias a todos os que axudaron.

11.jpg

28/04/2009 GMT 2

"OS TRES PORQUIÑOS"

coron @ 14:10

sala_atras.jpg 

O pasado xoves 23 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil e os de 1º e 2º viaxamos a Vigo ó Cine Salesianos para ver unha función onde os protagonistas eran os tres porquiños e o lobo, nesta versión tamén había música. Gustounos moito. Despois tíñamos pensado ir a merendar ó Parque do Castro pero había tanto atoamento que non nos daba tempo de subir e viñemos merendar ó Campo da Feira do Mosteiro. Alí había bambáns e demais xogos para nen@s. Foi divertido.sala_alante.jpg

15/04/2009 GMT 1

AUDITORIO VILAGARCÍA

coron @ 21:33

O pasado 1 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria desprazáronse ata o Auditorio de Vilagarcía para asistir a unha función titulada "Escenas musicais" patrocinada por Caixanova. Alí aprenderon os nomes de moitos instrumentos musicais ademais de oilos tocar.


03/04/2009 GMT 1

SEMANA SANTA

coron @ 12:55

       VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

       DENDE O DÍA 6 AO 13 DE ABRIL

     AMBOS OS DOUS INCLUSIVE

 

¡¡ BOAS VACACIÓNS!!

31/03/2009 GMT 1

COMENTARIOS

coron @ 16:48

Un blog faise máis interesante se recibe comentarios. Son importantes as vosas opinións tanto negativas coma positivas. É unha forma de comunicación entre o centro e a casa, sen esquencernos das entrevistas persoais entre pais-nais e mestres tan necesarias para unha boa educación.

post-j1.JPG

25/03/2009 GMT 1

Primavera

coron @ 12:25

primavera-web11.jpg 

 A primavera xa está aquí, chegou voando e ninguén sabe como foi. Os días son máis longos e cheos de luz. Gocemos destes días e respetemos o medio ambiente.

primavera2.jpg

Temos que lembrar que na próxima noite de sábado ó domingo temos que adiantar os reloxios 1 hora.

untitled.jpg

24/03/2009 GMT 1

"MIGALLAS"

coron @ 13:34

Imos a ver un video (perdón pola calidade do son) e unhas fotos que non mostran o ben que o pasamos ese día da visita do grupo Migallas. Non se pode ver nunhas fotos o divertido desa actuación, como os nenos e nenas cantaban cos artistas e facían os xestos de cada canción. Tamén temos que dicir que xa as sabían grazas o traballo nas clases da profe de música.

Click to play this Smilebox scrapbook: MIGALLAS
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Make a Smilebox scrapbook

11/03/2009 GMT 1

MIGALLAS

coron @ 10:32

Que sorte, hoxe os nenos e nenas do CEIP San Roque de Corón imos ir á casa da cultura do Montiño a ver unha función do grupo "Migallas" titulada "Canta connosco". É unha función chea de cancións e imos a pasalo moi ben.

migallas.gif

Se alguén está interesado este mesmo grupo vai actuar o domingo no Auditorio de Vilagarcia ás 20.30 ca función "Un avó especial"

06/03/2009 GMT 1

CASIÑAS PARA PAXAROS

coron @ 10:48
Click to play this Smilebox slideshow: Caiñas para paxaros
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a Smilebox slideshow

04/03/2009 GMT 1

HOXE COCIÑAMOS NÓS

coron @ 22:38

Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis