
Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a XOSÉ MARIA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.
Naceu en Tui en febreiro do 1.915. Seu pai, o médico Dario Álvarez Limeses, foi fusilado no 1.936 polos partidarios franquistas.
Estuda Maxisterio en Pontevedra e con 18 anos ingresa nas Mocedades galeguistas, para logo facelo tamén no Partido Galeguista (1936).
Xa polo 1.930 publica os seus primeiros poemas en xornais de Pontevedra e Tui. En 1949 publica , xunto co seu irmán Emilio, o libro "Poemas di ti e de min", e máis tarde irán aparecendo: "Roseira do teu mencer", "Romance do pescador pelerino", "Canle segredo"...