O AÑO PITAÑO
Aínda que sexa con retraso queremos que vexades este pequeno video onde os nenos e nenas de Infantil recitan a poesía "o año pitaño" do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, a quen foi dedicado o Día das Letras Galegas deste ano.
Aínda que sexa con retraso queremos que vexades este pequeno video onde os nenos e nenas de Infantil recitan a poesía "o año pitaño" do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, a quen foi dedicado o Día das Letras Galegas deste ano.
O ESCRITOR HOMENAXEADO:
PARTE DA SÚA OBRA:
O escritor homenaxeado este ano é XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. No cole eleximos o seu libro "Roseira do teu mencer"(dedicado a súa filla Colorín)para traballar diferentes poemas.Cada clase eleborará un cartel relacionado co poema elexido e cos diferentes carteis faremos unha exposición.Os nen@s serán gravados recitando os poemas, que posteriormente proxectaremos.
Outras actividades relacionadas co Día das Nosas Letras ,serán: un recital poético-musical, concurso de carteis en COREL anunciadores do DÍA DAS LETRAS(feitos pol@s de 6º),proxección power-point de fotografías do autor, actividades relacionadas coa vida e obra do autor homenaxeado e un percorrido pola exposición.
Se queres ver máis fotos do seu álbum fotográfico, clica aquí e se queres ver actividades para facer estes días, visita a páxina do seminariogalán

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a XOSÉ MARIA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.
Naceu en Tui en febreiro do 1.915. Seu pai, o médico Dario Álvarez Limeses, foi fusilado no 1.936 polos partidarios franquistas.
Estuda Maxisterio en Pontevedra e con 18 anos ingresa nas Mocedades galeguistas, para logo facelo tamén no Partido Galeguista (1936).
Xa polo 1.930 publica os seus primeiros poemas en xornais de Pontevedra e Tui. En 1949 publica , xunto co seu irmán Emilio, o libro "Poemas di ti e de min", e máis tarde irán aparecendo: "Roseira do teu mencer", "Romance do pescador pelerino", "Canle segredo"...
Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis