Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

CEIPCORON

Categoría: FESTAS

24/06/2009 GMT 2

GRAZAS

coron @ 11:56

      fiesta-250x2502.png O Claustro e a Dirección do C.E.I.P. SAN ROQUE

queremos dar as grazas a tódolos pais e nais e en especial á dirección da ANPA pola colaboración coa que sempre contamos pola súa parte para o desenvolvemento de calquera actividade complementaria.

Felicidades polo rotundo éxito do FESTIVAL DE FIN DE CURSO.

BO VERÁN a todos e ata setembro

                                      

21/01/2009 GMT 1

O NADAL

coron @ 22:24

2.JPG

Xa pasou o tempo do Nadal, de luces, de adornos, de compras e xuntanzas, de esperar os agasallos; pero no noso blog non podían faltar as celebracións que tivemos no cole nos días previos as vacacións.

Os nenos e nenas do CEIP San Roque e sobre todo os de Infantil estábamos nerviosos e ledos esperando as visitas dos Reis Magos o xoves 18 e de Papá Noel o venres 19 de decembro.
1.JPG

Como xa dixemos, este ano tivemos a gran sorte de que Papa Noel e os Reis Magos tiveron tempo para visitar o noso cole.

Dende aquí queremos dar as gracias á ANPA polo seu traballo e dedicación para que estes días fosen inesquecible para os nosos alumnos e alumnas.

  

                                           


Nestas fotos podemos ver ós Reis Magos, ás distintas clases cantando as súas panxoliñas, os Reis recollendo as cartas coas peticións dos nenos e nenas. Tamén podemos ver unha mostra da merendola que a ANPA preparou para todos: churros, palomitas, bocadillos, chocolate quente, zumes, auga e como atracción principal as colchonetas. Tamén está o Papá Noel e as gracias co presidente da ANPA deulle á mestra de música e por último os nenos e nenas disfrutando dos regalos.

16/12/2008 GMT 1

BO NADAL

coron @ 22:41

02/12/2008 GMT 1

CALENDARIO DECEMBRO

coron @ 13:26

tgc_navidad_183.gif

Xa estamos no mes do Nadal.

    Hoxe faltan 23 días para

que     Papá Noel visite as

casas dos    nenos e nenas e

45 días para a chegada dos

Reis.  

pc020015.JPG

O MAGOSTO'08

coron @ 01:21

dibujo-1.jpg

barneythetreeleavesfallxe9.gif

Este ano 2008 puidemos celebrar o Magosto o propio día de San Martiño pois coincidía en martes.Tivemos moita sorte porque a noite anterior choveu con moitas ganas, pero o sol quiso acompañarnos para que a festa resultase ben.

O máis importante desta tradición son as castañas e o rito de asalas, labor feita polos nenos e nenas maiores gracias a colaboración de todos que nos mandaron castañas e leña.

Mentras o lume ía cociñando as castañas participamos en xogos populares.

Click to play O MAGOSTO'08
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a Smilebox slideshow

14/11/2008 GMT 1

O SAMAÍN

coron @ 23:26

pb030001-1.JPG

x_halloline5f1.gif

 Un ano máis celebramos a festa do "Samaín", en realidx_ratpenatc14.gifade é a noite do "Samaín" pero dado que non vimos pola noite, nós fixémolo pola mañá.

Os alumnos e alumnas de Primaria escribiron relatos de medo x_hallcasa6b.gifnas súas clases e os mellores foron lidos diante de todos e premiados.

Tamén durante toda a semana os que quixeron e puideron trouxeron cabazas adornadas para facer unha exposición. As mellores creacións foron premiadas e a tódolos participantes de Infantil déuselle un pequeno agasallo. Dende o centro queremos darlles as grazas a todos para que esta tradición non se perda.

CABAZAS PREMIADAS

cabazas-premiadas-1.JPG

Create a Free Slideshow

¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, Orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow
Click to play SAMAÍN'08
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a Smilebox slideshow

04/11/2008 GMT 1

BENVIDA @S NEN@S DE 3 ANOS

coron @ 23:11

ESTE CURSO 2008-2009 VIÑERON O NOSO COLE 7 ALUMN@S DE 3 ANOS.
PARA QUE ESTIVESEN A GUSTO FÍXOSE UNHA PEQUENA FESTA DE BENVIDA NA CAL PARTICIPARON OS DEMAIS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E OS DE 1º E 2º DE PRIMARIA. DESEXAMOS QUE O PASEN BEN E QUE APRENDAN MOITAS COUSAS

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

03/07/2008 GMT 2

FESTIVAL 2008

coron @ 01:44

Como despedida deste curso 2007-2008 preparamos unha pequena función que fixemos con moito cariño. Non vos fixedes nos erros pero si nas gañas que puxemos.GRACIAS por vir a vernos.

Click to play FESTIVAL'2008
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a Smilebox slideshow

29/04/2008 GMT 1

1º de maio: DIA DO TRABALLAD@R

coron @ 10:17


ImageChef.com Flower Text

No 1º de maio, os galegos celebramos dous acontecementos:O día internacional do traballad@r e a festa dos maios.
O DIA INTERNACIONAL DO TRABALLO, é para lembrar aqueles traballadores que no ano 1.886 reivindicaron a xornada de traballo de 8 horas en Chicago (EE.UU.)e que moitos foron axusticiados e condenados a morte.Hoxe contamos con esa xornada laboral gracias as loitas e folgas de miles de traballadores a nivel mundial.
A FESTA DOS MAIOS, é un ritual que celebramos na Galiza coa finalidade de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, pois nunha economía agrícola ,coma a que tiñamos antigamente, a chegada do bo tempo era fundamental para o traballo do campo.
No colexio fixemos un maio de estilo cónico.Participaron os pais/nais, xa que enviaron polos nen@s: fiuncho, pampullos, cartuchos,camelias,... e na súa construcción participaron os nenos e nenas de 6º de primaria. Aí van as fotos do seu traballo:

23/04/2008 GMT 1

DIA DO LIBRO

coron @ 22:23

O 23 de abril, celébrase a nivel mundial o "DIA DO LIBRO" ou "DIA INTERNACIONAL DO LIBRO".Coa celebración desta festa declarada pola UNESCO desde o ano 1995, quérese fomentar a lectura e a defensa dos dereitos de autor.
No noso colexio, celebramos este día realizando diferentes actividades ao longo da semana:
*Comenzamos facendo un marcapáxinas, tanto nenos/as coma mestr@s
*Exposición dos traballos e do mural realizado.
*Os nen@s de 5º e 6º contátonlle contos aos de infantil e primeiro ciclo de primaria,ao mesmo tempo que se proxectaban imaxes de ditos contos : "O lobo feroz", "Sal e azucre", "Mister corvo".
*Gravación dunha poesía por parte dos nenos de 5 anos.
*O mestre Xabier contoulles o conto da "Cebra Camila"
*Guiñol feito polo terceiro ciclo para infantil.
*Proxección do conto que nos contaron na visita ao Salón do Libro
Unha mostra gráfica desta efeméride é a seguinte:

Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis