Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

CEIPCORON

Archivo: Noviembre 2009

11/11/2009 GMT 1

FESTIVAL FIN DE CURSO 2009

coron @ 18:38

Ó último día do curso 2008-2009 celebrouse no cole un festival cheo de actuacións (cancións e bailes,concurso de "Operación Triunfo-Corón", entrega de medalla dos participantes en competicións deportivas, despedida dos alumnos e alumnas de 6º). Os nenos e nenas que quixeron quedaron a comer no pavillón e pola tarde tivemos a actuación dun dúo musical;xogos, maquillaxe... acompañados dun grupo de animadores; e por último puideron subir ás colchonetas instaladas no patio.

Os recintos foron acondicionados pola Apa para que todo resultase o mellor posible. Por iso dende o cole queremos dar as gracias a tódolos pais e nais que axudaron a que este día fose tan bonito.

Kalandraka 2009

coron @ 14:59

No curso 2008-2009 viñeron dous contacontos de Kalandraka e contáronnos contos moi fermosos da súa editorial acompañados por un acordeón.Despois nas clases os nenos e nenas fixeron uns debuxos dos contos que máis lles gustou.
Estas actividades están encamiñadas para que ós nosos nenos e nenas se lles esperte o gusto pola lectura.

09/11/2009 GMT 2

Apípolis 2009

coron @ 18:25

O curso pasado os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria fomos visitar Apípolis (onde viven as abellas). Alí aprendemos moitas cousas moi interesantes sobre a vida destes insectos. Por sorte ninguén viu con picadura pero cheos de sabiduría e de bos momentos vividos alí. Gracias ós monitores e monitoras. Ese día tamén estivo a Televisión de Galicia.

Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis