comenzo curso 09/10
As clases para o vindeiro curso 2009/2010 comenzan o día 10 de setembro.
BO VERÁN !!!
As clases para o vindeiro curso 2009/2010 comenzan o día 10 de setembro.
BO VERÁN !!!
O Claustro e a Dirección do C.E.I.P. SAN ROQUE
queremos dar as grazas a tódolos pais e nais e en especial á dirección da ANPA pola colaboración coa que sempre contamos pola súa parte para o desenvolvemento de calquera actividade complementaria.
Felicidades polo rotundo éxito do FESTIVAL DE FIN DE CURSO.
BO VERÁN a todos e ata setembro
Xa sabemos que pasou un tempiño dende a celebración do Día do Libro, pois foi o 23 de abril. Mais nunca é tarde para ver as actividades que se fan no cole. Ese día visitounos un contacontos que veu a contarnos as súas historias acompañadas de música. Neste video podemos ver un anaco da súa actuación ademáis dunhas fotos.
Nesa semana os alumnos e alumnas dos curso máis altos contaron contos ós nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º empregando para elo a pantalla onde se podía ver as ilustracións dos contos.
Os nenos de 6º e de 2º de Primaria escribiron uns contos
Ese día tamén se entregaron uns premios os mellores lectores e lectoras do noso cole.
Este ano tivemos un concurso de carteis animando á lectura. Estes nenos e nenas son os gañadores.