Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

CEIPCORON

Archivo: Abril 2009

28/04/2009 GMT 2

"OS TRES PORQUIÑOS"

coron @ 14:10

sala_atras.jpg 

O pasado xoves 23 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil e os de 1º e 2º viaxamos a Vigo ó Cine Salesianos para ver unha función onde os protagonistas eran os tres porquiños e o lobo, nesta versión tamén había música. Gustounos moito. Despois tíñamos pensado ir a merendar ó Parque do Castro pero había tanto atoamento que non nos daba tempo de subir e viñemos merendar ó Campo da Feira do Mosteiro. Alí había bambáns e demais xogos para nen@s. Foi divertido.sala_alante.jpg

15/04/2009 GMT 1

AUDITORIO VILAGARCÍA

coron @ 21:33

O pasado 1 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria desprazáronse ata o Auditorio de Vilagarcía para asistir a unha función titulada "Escenas musicais" patrocinada por Caixanova. Alí aprenderon os nomes de moitos instrumentos musicais ademais de oilos tocar.


03/04/2009 GMT 1

SEMANA SANTA

coron @ 12:55

       VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

       DENDE O DÍA 6 AO 13 DE ABRIL

     AMBOS OS DOUS INCLUSIVE

 

¡¡ BOAS VACACIÓNS!!

Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis