Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

CEIPCORON

Archivo: Enero 2009

28/01/2009 GMT 1

QUEREMOS PAZ

coron @ 22:31

dove_with_olive_branch_md_wht.gifO vindeiro venres 30 de xaneiro é o "Día da Paz", aínda que o día da paz non se debería celebrar pois tiña que ser tódolos días do ano.

 

peacgrx_animado.gifOs nenos e nenas de Corón escoitamos a canción de JUANES "It's time to change el odio por amor" e parécenos unha canción moi apropiada para ese día.

Aquí está para que todos poidamos disfrutar con esta melodía e reflexionar sobre a súa letra.

Os nenos e nenas de 1º escribiron un poema para celebrar este día:

A Paz é moi boa.

A Paz é unha paloma.

Non pelexes coa nai,

Non pelexes o día da Paz.

Tódolos días do ano

Debemos axudarnos.

COAS MANS NA MASA

coron @ 01:13

No mes de novembro visitou o noso cole o "maitre" do Parador de Cambados.

Veu a explicarnos como se coloca unha mesa, como se fan as "tortitas americanas" (que tanto vemos nos almorzos das  películas americanas), como se elaboran unhas galletas e tamén amasamos para facer uns boliños de pan e Antonio tamén nos preparou uns zumes naturais.

Pero antes de asistir tivemos que poñer uns gorros de cociñeiros e uns mandís.

Create a Free Slideshow

Create a Free Slideshow

21/01/2009 GMT 1

O NADAL

coron @ 22:24

2.JPG

Xa pasou o tempo do Nadal, de luces, de adornos, de compras e xuntanzas, de esperar os agasallos; pero no noso blog non podían faltar as celebracións que tivemos no cole nos días previos as vacacións.

Os nenos e nenas do CEIP San Roque e sobre todo os de Infantil estábamos nerviosos e ledos esperando as visitas dos Reis Magos o xoves 18 e de Papá Noel o venres 19 de decembro.
1.JPG

Como xa dixemos, este ano tivemos a gran sorte de que Papa Noel e os Reis Magos tiveron tempo para visitar o noso cole.

Dende aquí queremos dar as gracias á ANPA polo seu traballo e dedicación para que estes días fosen inesquecible para os nosos alumnos e alumnas.

  

                                           


Nestas fotos podemos ver ós Reis Magos, ás distintas clases cantando as súas panxoliñas, os Reis recollendo as cartas coas peticións dos nenos e nenas. Tamén podemos ver unha mostra da merendola que a ANPA preparou para todos: churros, palomitas, bocadillos, chocolate quente, zumes, auga e como atracción principal as colchonetas. Tamén está o Papá Noel e as gracias co presidente da ANPA deulle á mestra de música e por último os nenos e nenas disfrutando dos regalos.

Contactar con la autora o autor | Archivo | ¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis