O AÑO PITAÑO
Aínda que sexa con retraso queremos que vexades este pequeno video onde os nenos e nenas de Infantil recitan a poesía "o año pitaño" do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, a quen foi dedicado o Día das Letras Galegas deste ano.
Aínda que sexa con retraso queremos que vexades este pequeno video onde os nenos e nenas de Infantil recitan a poesía "o año pitaño" do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, a quen foi dedicado o Día das Letras Galegas deste ano.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil damos as gracias á ANPA, o concello e o cole polo parque tan chulo que podemos disfrutar nos recreos. En especial queremos dar as gracias ós pais e nais que estiveron, baixo un forte sol, construindo o parque.
ESTE CURSO QUE REMATOU TAMÉN É O REMATE DA CARREIRA PROFESIONAL DA MESTRA CELIA. DESPOIS DE TANTOS ANOS DEDICADA A ENSINAR A NENOS E NENAS AGORA É HORA DUN DESCANSO,BEN MERECIDO, RODEADA POLOS SEUS SERES QUERIDOS E SABENDO QUE LEVA O CARIÑO DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP "SAN ROQUE" DE CORÓN. BOTARÉMOLA DE MENOS. GRACIAS CELIA.AGORA TOCA DESCANSAR E DISFRUTAR.
![]() |
| Make a Smilebox photobook |
O venres, día 27 de xuño, os pais do alumnado de 1º,2º,3º e 4º de Educación Primaria poderán pasar a recoller os impresos para mercar os libros dos seus fillos. Os impresos recóllense na Secretaría do Centro de 10 a 13 horas.
![]() |
| Make a Smilebox scrapbook |
Neste curso 2007-2008 que está a piques de rematar a cegoña visitou en dúas ocasións o noso centro. No mes de abril naceu no Hospital do Salnés a pequena MARIÑA filla da mestra María de 3º. E o pasado martes no Hospital de Pontevedra viu por primeira vez a luz CLARA filla da mestra María de 5º. Os nosos parabéns os orgullosos papás.
O venres día 20 de xuño, faremos un Festival para celebrar o fin de curso na Casa da Cultura do Esteiro, a partir das 11 da mañá.
Contamos ca súa presenza.
Grazas e ata setembro.
ENTREGA DE NOTAS:
O luns día 23 ás 11 da mañá na aula do seu fillo/a.
As profesoras de Educación Infantil tamén estarán ás 11 da mañá nas aulas para recibir aos pais do alumnado.
A derradeira excursión (para os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria) deste curso que remata, foi a Santiago, á Biblioteca Caixagalicia. A experiencia foi moi boa e esperamos que estas visitas fomenten o gusto pola lectura.
![]() |
| Make a Smilebox slideshow |
O LUNS 9 DE XUÑO OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E OS DE 1º E 2º DE PRIMARIA COLLEMOS O AUTOBÚS PARA IR Ó GROVE, Ó CAMPING "FIEITÁS". FACÍA UN DÍA ESTUPENDO E PASÁMOLO MOI BEN.
![]() |
| Make a Smilebox scrapbook |
NOTA;Para ver as fotos máis grandes hai que facer clic en "ZOOM IN". Despois para pasar de páxina , primeiro hai que facer clic en "ZOOM OUT" E CLICAR NA FRECHA.
Despois de que as nosas sementes crecesen nas aulas, o mércores 4 de xuño fomos o horto para trasplantalas. Con moito coidado puxemos as plantiñas na terra. Antes arrincamos as malas herbas e despois de plantalas regamolas. E agora toca esperar para ver como medran e botarlles auga, tarefa que fan os de 6º.
NOTA INFORMATIVA PARA O PROFE ROMERO
OS TEUS ALUMNOS/AS E OS TEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS QUEREMOS VERTE MOI PRONTO POR AQUÍ.
C.E.I.P. DE SAN ROQUE
Por fin puidemos realizar a excursión que tiñamos proxectada dende que comezamos a unidade da "primavera". Pero esta primavera veu con moita auga e non puidemos saír.
Ben, o pasado 27 de maio veu o autobús a buscarnos e fomos ao viveiro " O Barreiro" na parroquia de Lois (Ribadumia). Alí déronnos moitas explicacións sobre as plantas con flor, sen flor, carnívoras, árbores froiteiras, de sombra... Que grande é aquilo!. E que bonita é a flor que nos regalaron! . Temos que coidala para que medre e teña moitas flores.
Despois fomos a merendar á carballeira de Ribadumia e alí ao lado visitamos os muíños de Batán.