PONTE DE MAIO

PONTE DE MAIO
COMENZO: DÍA 1 DE MAIO
FIN: DÍA 4 DE MAIO
(2 DE MAIO: DÍA DO ENSINO)

PONTE DE MAIO
COMENZO: DÍA 1 DE MAIO
FIN: DÍA 4 DE MAIO
(2 DE MAIO: DÍA DO ENSINO)
No 1º de maio, os galegos celebramos dous acontecementos:O día internacional do traballad@r e a festa dos maios.
O DIA INTERNACIONAL DO TRABALLO, é para lembrar aqueles traballadores que no ano 1.886 reivindicaron a xornada de traballo de 8 horas en Chicago (EE.UU.)e que moitos foron axusticiados e condenados a morte.Hoxe contamos con esa xornada laboral gracias as loitas e folgas de miles de traballadores a nivel mundial.
A FESTA DOS MAIOS, é un ritual que celebramos na Galiza coa finalidade de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, pois nunha economía agrícola ,coma a que tiñamos antigamente, a chegada do bo tempo era fundamental para o traballo do campo.
No colexio fixemos un maio de estilo cónico.Participaron os pais/nais, xa que enviaron polos nen@s: fiuncho, pampullos, cartuchos,camelias,... e na súa construcción participaron os nenos e nenas de 6º de primaria. Aí van as fotos do seu traballo:
O pasado mércores, os nenos e nenas do "cole" fomos ver a obra PIM,PAM,PUM, que o grupo de teatro CARACOL de Cambados,escenificou no instituto Asorey da mesma localidade. O local estaba cheo ata os topes, non había asentos para todos e os profes tiveron que sentarse no piso ou estar de pé.Unha vez máis, os nen@s pasámolo moi ben.
NON SABEMOS SI TODOS TROUXERON A AUTORIZACIÓN FIRMADA PARA SAIR NA FOTO, PERO DEBIDO Á CRISE, NON HAI CARTOS NIN PARA O MARCO

Made with free image tools @ TXT2PIC.com
O 23 de abril, celébrase a nivel mundial o "DIA DO LIBRO" ou "DIA INTERNACIONAL DO LIBRO".Coa celebración desta festa declarada pola UNESCO desde o ano 1995, quérese fomentar a lectura e a defensa dos dereitos de autor.
No noso colexio, celebramos este día realizando diferentes actividades ao longo da semana:
*Comenzamos facendo un marcapáxinas, tanto nenos/as coma mestr@s
*Exposición dos traballos e do mural realizado.
*Os nen@s de 5º e 6º contátonlle contos aos de infantil e primeiro ciclo de primaria,ao mesmo tempo que se proxectaban imaxes de ditos contos : "O lobo feroz", "Sal e azucre", "Mister corvo".
*Gravación dunha poesía por parte dos nenos de 5 anos.
*O mestre Xabier contoulles o conto da "Cebra Camila"
*Guiñol feito polo terceiro ciclo para infantil.
*Proxección do conto que nos contaron na visita ao Salón do Libro
Unha mostra gráfica desta efeméride é a seguinte:
Os nenos/as do terceiro ciclo montaron esta visión do cole que non deixa de ser un escaparate para auqel@s que non coñezan as nosas instalacións. Pensamos que o fixeron superben.
VEDE e escoitade este video coa voz de Joan Manuel Serrat cantando "PADRE,ESTAN MATANDO A TERRA".Se queredes ver a tradución ao castelán, premede no medú e clicar no videoclip de Joan Manuel.
O horto aromático que están preparando as profes do cole xa entrou nunha segunda fase coa preparación dos sementeiros onde botan as sementes para logo transplantalas. Vede, vede...
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
Como moi ben sabedes, a Torre de Hércules (antigo faro romano) situada en A Coruña, foi presentada como candidata á lista de Patrimonio Mundial da Unesco.É unha das 45 candidatas de todo o mundo que aspira a ser Patrimonio da Humanidade e no verán do 2009 será cando se coñeza o nome das seleccionadas polo Comité do Patrimonio Munidal.Moita sorte para a nosa candidata.
Nesta segunda parte presentamos as fotos dos nenos/as de infantil elaborando as lambetadas que fixeron na clase."congratulation" polo ben que o fixeron os nenos e as súas profes: Pili,Fátima e Mónica
Para ver máis fotos clicar
EDUCACIÓN INFANTIL
Anxo Castro Pardo (3 anos)
Andrea García Vázquez (3 anos)
Jairo Manuel Navazas López (3 anos)
Manuel Esteban Nogueira Acosta (3 anos)
Itziar Rodríguez Oubiña (3 anos)
Pablo Pérez Latorre(3 anos)
Juan Ventoso Padín (3 anos)
Pablo Costa Navazas( 4 anos)
Manuel Fernández Barreiro (4 anos)
Ana Agra Piñeiro (5 anos)
Marta Agra Piñeiro (5 anos)
EDUCACIÓN PRIMARIA
Rosa Ann Balmer Charlín (1º curso)
Leopoldo Alexander Díaz Quintanilla (1º curso)
Francisco Fernández Barreiro (1º curso)
Nayara Guillán Rial (1º curso)
Pablo Oubiña Cores (1º curso)
Nerea Rey Cambados (1º curso)
Ismael Rodríguez Pérez (1º curso)
Estefanía Santorun Martínez (1º curso)
Eva Estévez González(2º curso)
Iván Costa Navazas(3º curso)
Víctor Mariño Ferreira (3º curso)
Antía Valle Boullosa (3º curso)
Paula Vilanova Cardalda (3º curso)
PARABÉNS PARA OS NOSOS ALUMN@S DE 6º QUE GAÑARON O CONCURSO DE RADIO VOZ "O ECOPREGUNTOIRO" ,O PASADO DÍA 26 DE MARZO EN PONTEVEDRA. O NOSO CONTRINCANTE FOI O COLEXIO PONTE DO PORTO DE CAMARIÑAS E SE NOS QUEREDES ESCOITAR, SAÍMOS EN RADIO VOZ O SÁBADO, 12 DE ABRIL, ÁS 12.30 HORAS.PODEDES VER NA TELE AOS NOSOS GALÁCTICOS
Os de infantil metéronse a cociñeiros e da man das mestras fixeron unhas lambetas que dá xenio velas e probalas. Fixeron trufas, pastel de cenoira, macedonia... Como adianto estas novas que saíron na prensa local, logo en días vindeiros falaremos e presentaremos mellor o produto.
No cole realizamos unha serie de actividades para conmemorar o día da PAZ, que como ben sabedes foi o pasado 30 de xaneiro.
Os de INFANTIL moveron a súa pomba da paz ao tempo que nomeaban diferentes palabras que para eles significan PAZ.
Os de PRIMARIA eleboraron carteis, fixeron manifestos e cantamos todos xuntos a canción "VIVA A XENTE".

Chámase WIFI DETECTOR WATCH.
É un reloxio que dá a hora, ten cronómetro, calenadrio, alarma e é capaz de detectar as redes wifi,indicando incluso o nivel do sinal. Xa non é preciso acender o portatil para buscar redes wifis, con pulsar un botón non noso reloxio, xa basta.Ademais é moi económico: 20 € aproximadamente.