comenzo curso 09/10
As clases para o vindeiro curso 2009/2010 comenzan o día 10 de setembro.
BO VERÁN !!!
As clases para o vindeiro curso 2009/2010 comenzan o día 10 de setembro.
BO VERÁN !!!
O Claustro e a Dirección do C.E.I.P. SAN ROQUE
queremos dar as grazas a tódolos pais e nais e en especial á dirección da ANPA pola colaboración coa que sempre contamos pola súa parte para o desenvolvemento de calquera actividade complementaria.
Felicidades polo rotundo éxito do FESTIVAL DE FIN DE CURSO.
BO VERÁN a todos e ata setembro
Xa sabemos que pasou un tempiño dende a celebración do Día do Libro, pois foi o 23 de abril. Mais nunca é tarde para ver as actividades que se fan no cole. Ese día visitounos un contacontos que veu a contarnos as súas historias acompañadas de música. Neste video podemos ver un anaco da súa actuación ademáis dunhas fotos.
Nesa semana os alumnos e alumnas dos curso máis altos contaron contos ós nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º empregando para elo a pantalla onde se podía ver as ilustracións dos contos.
Os nenos de 6º e de 2º de Primaria escribiron uns contos
Ese día tamén se entregaron uns premios os mellores lectores e lectoras do noso cole.
Este ano tivemos un concurso de carteis animando á lectura. Estes nenos e nenas son os gañadores.
Hoxe o noso cole sae no xornal "La Voz de Galicia" co motivo da plantación no noso horto.

Un ano máis co motivo da celebración do 1º de maio os alumnos e alumnas máis maiores do cole colaboran cas mestras para elaborar un maio. Este ano foi un maio artístico e representa algo moi típico da nosa zona: un polbo.Gracias a todos os que axudaron.

O pasado xoves 23 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil e os de 1º e 2º viaxamos a Vigo ó Cine Salesianos para ver unha función onde os protagonistas eran os tres porquiños e o lobo, nesta versión tamén había música. Gustounos moito. Despois tíñamos pensado ir a merendar ó Parque do Castro pero había tanto atoamento que non nos daba tempo de subir e viñemos merendar ó Campo da Feira do Mosteiro. Alí había bambáns e demais xogos para nen@s. Foi divertido.
O pasado 1 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria desprazáronse ata o Auditorio de Vilagarcía para asistir a unha función titulada "Escenas musicais" patrocinada por Caixanova. Alí aprenderon os nomes de moitos instrumentos musicais ademais de oilos tocar.
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
DENDE O DÍA 6 AO 13 DE ABRIL
AMBOS OS DOUS INCLUSIVE
¡¡ BOAS VACACIÓNS!!